Monday 13 de May de 2024

A Deputación, a Universidade e o Concello da Coruña acordan acondicionar parte do IES Calvo Sotelo para persoal sanitario


 

Unha trintena de profesionais da área coruñesa que loitan contra o Covid-19 aloxaranse na residencia universitaria Elvira Bao, que alberga este edificio
A Deputación, a Universidade e o Concello da Coruña
acordan acondicionar as instalacións da residencia universitaria Elvira Bao, no IES Calvo
Sotelo, para o cadro de persoal da Área Sanitaria da Coruña, logo de que a alcaldesa Inés
Rey visitase, xunto co presidente da Deputación, Valentín González Formoso; o reitor da
UDC, Julio Abalde; e o xerente do complexo hospitalario coruñés, Luís Verde, a dita
infraestrutura este pasado luns.
A rexedora destacou o consenso que se logrou entre as tres institucións co fin de
combateren a pandemia dándolle un uso ao edificio de residencia temporal para as e os
profesionais do CHUAC que, polas súa situación familiar ou persoal, precisen dun
aloxamento alternativo mentres dure a crise sanitaria. Deste xeito, estarán máis
tranquilas/os e poderán diminuír a súa carga emocional derivada do que están a vivir, sobre
todo, aquelas/es que traballan en primeira liña.
A Comisión de Docencia da Área Sanitaria da Coruña-Cee xestionou a unidade e contactou
coas persoas que precisan apoio para coñecer as súas necesidades e coordinar esta acción
dun xeito óptimo.

Nota de Prensa

Unha parte do inmoble está sendo usada xa como base satélite para os Bombeiros despois
de que a Deputación lla cedese ao concello, polo que as autoridades decidiron que, co
obxecto de minimizar os riscos, o persoal sanitario se localizará preferentemente na
Residencia Elvira Bao, que conta con accesos de entrada e saída propios.
As persoas aloxadas terán ao seu dispor un total de 60 habitacións (58 dobres e dúas
adaptadas para persoas con mobilidade reducida), que serán ocupadas de xeito individual.
As primeiras persoas usuarias da residencia incorporaranse mañá xoves, 2 de abril. A
Deputación da Coruña contratará ademais un servizo limpeza e outro de cátering, que se
encargará de lle subministrar cada día o almorzo e a cea ao persoal médico e de enfermaría
que pase alí estas semanas. A UDC ofrecerá un servizo de lavandería e Inditex achegará a
roupa de cama das habitacións.
Un total de 66 persoas da área sanitaria informáronse sobre esta iniciativa, á que se
acollerán 30 profesionais nos vindeiros días.